CORAL POLIFÓNICA DÁ AVCR "SAN MAMEDE" DE ZAMÁNS - VIGO

 

 

Esta Coral Polifónica fixo o seu concerto de presentación o día 20 de decembro de 1997, no Auditorio da Asociación que lle dá nome, cun grande éxito de público e crítica.

 

 

            A partir da súa presentación, actúan en diferentes Auditorios da Comunidade Galega, destacando entre eles: A Coruña, Ames, Celanova, Ferrol, Lugo, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Porto, e Vigo.

 

 

            Dende o comezo deron importancia á formación vocal e en todas as tempadas realizaron xornadas de técnica vocal con prestixiosos profesores como D. Rimas Zmanovidius, o mestre Rey Rivero ou Dña. Teresa Novas entre outros. Así mesmo nos seus programas de concerto sempre tratan de divulgar a obra do mestre Francisco Rey Rivero para formacións corais.

 

Dende o ano 2002, esta Coral forma parte do convenio de actuacións que o Concello de Vigo mantén coas Corais Polifónicas da cidade, sendo pioneira nesta iniciativa, ademais e membro fundador da ACOPOVI, e socio de FE.CO.GA.

 

 

            Participaron no Festival de Panxoliñas que organiza Caixanova de Vigo, sendo, nas participacións de 2004 e 2006, seleccionados para a gran gala final coas mellores corais participantes no devandito festival de entre máis de cen corais inscritas para este de toda Galicia.

 

            Ano 2007:

·         Participan no Festival de Habaneras e Polifonía de Vigo El puerto de una habanera.

 

            Ano 2008:

·         Acadan o 3º premio no Concursos de Panxoliñas da Catedral de Tui.

·         Participan no Festival de Habaneras e Polifonía de Vigo El puerto de una habanera.

·         Presentan o seu primeiro CD titulado Zamáns Canta con gravación realizadas en directo e como resumo dos seus 10 primeiros anos de actividade coral.

·         Participan no Concerto de Nadal do Concello de Vigo no Teatro Caixanova, interpretando cancións “a cápella” e coros de ópera e zarzuela.

 

            Ano 2009:

·         Semifinalistas no Concurso de Corais no programa Luar da TVG.

·         Participan no Festival de Habaneras e Polifonía de Vigo El puerto de una habanera.

 

           

 

            Esta Coral da AVCR "San Mamede" de Zamáns - Vigo, conta con máis de corenta voces mixtas, e está dirixida dende os seus comezos polo director e compositor D. Enrique Lorenzo Vila.